Skip to content

TECENDO OS DÍAS

Punto a punto, paso a paso… tecemos a vida


Tecedora de palabras e lás

Blog participativo e descritivo dos tecidos artesanais tanto para bebés, como para rapaces e rapazas doutras idades; para mozos e mozas, e tódalas demais persoas que xa pasaron por esas etapas. Tecido a man, con bos materiais, e sempre… tecido con cariño, entrega e co obxecto de satisfacer os obxectivos das persoas que queren vestir ós seus ou vestirse, con prendas artesanais. E anque valorando o traballo que dan estas cousas… sen subirse á parra nos prezos. A crise é para todos e todas, e todos e todas temos que poñer algo pola nosa parte. Así que, o obxecto destas prendas, é agradar a quen as encarga, e satisfacer a quen as fai. Graciñas, e espero que o comprendan.

This slideshow requires JavaScript.

Con 2 exágonos, alegre colorido e unhas horas... sae a chaquetiña de Enara!

Desde tamaño patuco... hasta maiores

O Apalpador

O Apalpador, personaxe da cultura popular galega ligado ás festas do Nadal. O 'olentxero' galego chámase "O Apalpador"

Monchiña, a miña preferida. En honor á miña nai.

Pantalón do traxe, con apertura central para un fácil cambio de pañais

Xersei estilo mariñeiro, perlé algodón exipcio 100% branco, e algodón azul mariño

Chaqueta-rebeca cruzada, en cor gris-perla. Para 6 a 9 meses

Detalle corte do escote

Chaqueta cruzada, primeira posta. Perlé-algodón exipcio fino -nº8-. Ata 3 meses

Rebeca beig, de angorina e perlé-algodón exipcio, 5 anos. Primeira Comunión, galas, ou... ó gusto

Detalle da rebeca beig, punto liso e ollo perdiz.

ç

Detalle do abrigo de punto de musgo. Cruzado.

Abrigo para nen@s de 3 anos aproximadamente. Punto musgo.

Chaqueta para muller. As córes que acompañan ó gris, danlle vida e luz.

Chaqueta nórdica para rapaces e rapazas. Calquera idade.

A espalda da chaqueta gris, de muller.

Vestido de señora, con punto de cadeneta no peito e semi-liso na saia.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.