Skip to content

TECENDO OS DÍAS

Punto a punto, paso a paso… tecemos a vida


Tecedora de palabras e lás

Tecer os días… Crear cada día. Iso é o importante na vida: crear. Tecer ilusións ou tecer unha chaquetiña para un bebé. CREAR é CREER. Nun mesmo, nunha mesma. Crear é VIDA, e é dar renda solta á imaxinación.

O paralelismo entre tecer unha prenda, un boneco… e tecer a vida… é absoluto.  Estamos tecendo punto a punto as horas dos días. E imos dando forma a aquela prenda que creamos, que tecemos. Como imos dando forma ó noso quefacer diario.

Un día díxome o bo amigo Eduardo Galeano que ‘tecer’ punto, era unha proxeción en mín de ‘tecer’ coas palabras. De escribir. “Texto-textus-testere”. O verbo ‘textere’ quere dicir ‘entrelazar’. Un texto é a suma de entrelazados polo sentido. O tecido é a suma de puntos ou puntadas entrelazadas. Crear…

E eu, por instinto de supervivencia, opto por continuar creando, entrelanzando, xuntando ideas, proxectos, mensaxes… e dárlle forma. De aí ben pode saír un artigo de opinión. Pero tamén pode saír un boneco. Ou un gorro. Ou unha chaquetiña ou xubón para bebé.

Amig@s… o importante é crear. Vivir.  Manter ilusións. Tecer…

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

DSC06207

O Apalpador e a vaca

DSC05396

Asemblea da familia do Apalpador

O Apalpador na casa de Manoel Vello

O Apalpador de Manoel

DSC06240

Avó, pai e fillo. O Apalpador

apalpadoresRobertoQ

O Apalpador e familia

DSC06203

O Apalpador, retratándose

DSC05442

O Apalpador, coa neta Sabeliña

Co Olentxero

O Apalpador co seu primo, e o Olentxero… que colleu uns quilos.

Con 2 exágonos, alegre colorido e unhas horas… sae a chaquetiña de Enara!

Desde tamaño patuco… hasta maiores

O Apalpador

O Apalpador, personaxe da cultura popular galega ligado ás festas do Nadal. O ‘olentxero’ galego chámase “O Apalpador”

Monchiña, a miña preferida. En honor á miña nai.

Pantalón do traxe, con apertura central para un fácil cambio de pañais

Xersei estilo mariñeiro, perlé algodón exipcio 100% branco, e algodón azul mariño

Chaqueta-rebeca cruzada, en cor gris-perla. Para 6 a 9 meses

Detalle corte do escote

Chaqueta cruzada, primeira posta. Perlé-algodón exipcio fino -nº8-. Ata 3 meses

Rebeca beig, de angorina e perlé-algodón exipcio, 5 anos. Primeira Comunión, galas, ou… ó gusto

Detalle da rebeca beig, punto liso e ollo perdiz.

ç

Detalle do abrigo de punto de musgo. Cruzado.

Abrigo para nen@s de 3 anos aproximadamente. Punto musgo.

Chaqueta para muller. As córes que acompañan ó gris, danlle vida e luz.

Chaqueta nórdica para rapaces e rapazas. Calquera idade.

A espalda da chaqueta gris, de muller.

Vestido de señora, con punto de cadeneta no peito e semi-liso na saia.

Anuncios

Etiquetas: , , , , ,

A %d blogueros les gusta esto: