Skip to content

TECENDO OS DÍAS

Punto a punto, paso a paso… tecemos a vida

Tag Archives: O Apalpador a ganchillo


Tecedora de palabras e lás

Tecer os días… Crear cada día. Iso é o importante na vida: crear. Tecer ilusións ou tecer unha chaquetiña para un bebé. CREAR é CREER. Nun mesmo, nunha mesma. Crear é VIDA, e é dar renda solta á imaxinación.

O paralelismo entre tecer unha prenda, un boneco… e tecer a vida… é absoluto.  Estamos tecendo punto a punto as horas dos días. E imos dando forma a aquela prenda que creamos, que tecemos. Como imos dando forma ó noso quefacer diario.

Un día díxome o bo amigo Eduardo Galeano que ‘tecer’ punto, era unha proxeción en mín de ‘tecer’ coas palabras. De escribir. “Texto-textus-testere”. O verbo ‘textere’ quere dicir ‘entrelazar’. Un texto é a suma de entrelazados polo sentido. O tecido é a suma de puntos ou puntadas entrelazadas. Crear…

E eu, por instinto de supervivencia, opto por continuar creando, entrelanzando, xuntando ideas, proxectos, mensaxes… e dárlle forma. De aí ben pode saír un artigo de opinión. Pero tamén pode saír un boneco. Ou un gorro. Ou unha chaquetiña ou xubón para bebé.

Amig@s… o importante é crear. Vivir.  Manter ilusións. Tecer…

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

DSC06207

O Apalpador e a vaca

DSC05396

Asemblea da familia do Apalpador

O Apalpador na casa de Manoel Vello

O Apalpador de Manoel

DSC06240

Avó, pai e fillo. O Apalpador

apalpadoresRobertoQ

O Apalpador e familia

DSC06203

O Apalpador, retratándose

DSC05442

O Apalpador, coa neta Sabeliña

Co Olentxero

O Apalpador co seu primo, e o Olentxero… que colleu uns quilos.

Continue reading this article ›

Anuncios

Etiquetas: , , , , ,